quinta-feira, 6 de Dezembro de 2007

Causa Galiza denuncia a detención de catro persoas despois da manifestación desta mañá

Causa Galiza denuncia a detención de catro persoas ao remate da manifestación que realizou esta mañá polas rúas de Vigo. Causa Gz apoia a concentración popular en repulsa por estas detencións convocada para as 18 horas desta tarde diante da Comisaría da policía española da rúa López Mora de Vigo.